Nicasio Guisasola Domínguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Xixón, España |
Morte | 10 de xuño de 1940 (39/40 anos) Talavera de la Reina, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Confederación Española de Derechas Autónomas 6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | enxeñeiro agrónomo, político |
Nicasio Guisasola Domínguez-Gil, nado en Xixón en 1900 e finado en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Guisasola Válgoma. Enxeñeiro agrónomo, foi profesor de Agricultura do Instituto de Vigo. Xerente da fábrica de osíxeno de Vigo, foi propietario da fábrica de cerámica da Fianteira en Vilalonga (Sanxenxo).[1] Secretario de Unión Regional de Derechas de Vigo en 1932,[2] foi deputado pola provincia de Pontevedra pola CEDA nas eleccións xerais de 1933. Volveu presentarse ás eleccións xerais de 1936 pola candidatura de dereitas, pero non foi elixido. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse na Compañía de Voluntarios de Vigo como brigada, combateu en Extremadura e foi ferido en Villagonzalo,[3] alcanzando a gradación de tenente de complemento de Infantaría. Ao rematar a guerra foi designado Xefe da Sección Agronómica da provincia de Madrid.[4] Finou en accidente de automóbil en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940[5] e foi soterrado en León.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Sufrimentos pola Patria.
- Cruz de Guerra.
- 2 cruces vermellas ao mérito militar.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Xixón con María Riva Suardíaz en 1925,[7] e foi pai de María Cristina Guisasola Riva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia das Telleiras I
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-12-1932, p. 12.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2012.
- ↑ Agricultura. Revista agropecuaria[Ligazón morta]
- ↑ Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 17-6-1940, p. 12.
- ↑ "Movimiento nobiliario 1931-1940. Año 1940" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ Región, 14-11-1925, p. 5.