Nicholas Smisko
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1936 Perth Amboy, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 13 de marzo de 2011 (75 anos) Windber, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Universidade de Pittsburgh Youngstown State University (en) |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Nicholas Smisko, nado o 23 de febreiro de 1936 en Perth Amboy (Nova Jersey) e finado o 13 de marzo de 2011, foi un bispo ortodoxo dos Estados Unidos. Foi o terceiro bispo da diocese ortodoxa rutena de América, baixo xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu co nome de Richard Smisko o 23 de febreiro de 1936. Logo de completar os estudos de secundaria en Perth Amboy, estudou na Universidade Estatal de Youngstown e na Universidade de Pittsburgh en Johnstown, antes de estudar no Seminario de Cristo Salvador de Johnstown. Foi ordenado sacerdote o 11 de xaneiro de 1959 polo bispo Orestes Chornock. Posteriormente ampliou os seus estudos no seminario patriarcal de Istambul.
En 1982 foi nomeado bispo titular de Amissos e bispo auxiliar da Igrexa Ortodoxa Ucraína en América polo Sínodo da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla. Recibiu a consagración episcopal o 13 de marzo de 1983 de mans do arcebispo Iakovos Koukouzis da arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur.
Logo da morte de John R. Martin en setembro de 1984, Nicholas Smisko foi elixido como o seu sucesor o 25 de novembro de 1984, e entronizado en abril de 1985. En 1997 foi elevado ao rango de metropolita polo Patriarcado Ecuménico.
Finou o 13 de marzo de 2011 de cancro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na páxina web da diocese Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)