Saltar ao contido

Nicolás Espinoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicolás Espinoza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1795 Editar o valor en Wikidata
Departamento de Cuscatlán, O Salvador Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 1845 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Nacaome, Honduras Editar o valor en Wikidata
Jefe Supremo del Estado de El Salvador (en) Traducir
10 de abril de 1835 – 15 de novembro de 1835
← Joaquín Escolán y Balibrera (en) TraducirFrancisco Gómez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

O xeneral Nicolás Espinoza foi un militar e político salvadoreño. Naceu en Tenancingo en novembro de 1795 e morreu en Nacaome, Honduras, en marzo de 1845. Gobernou a República do Salvador como xefe de Estado do 10 de abril ao 15 de novembro de 1835.

Graduouse de avogado, posiblemente na Universidade de San Carlos de Guatemala. Opúxose á anexión do Salvador ao Imperio Mexicano de Agustín I e por ese motivo en 1823 estivo exiliado en Costa Rica, onde desempeñou funcións de xuíz.

Chegada ao poder

[editar | editar a fonte]

Recibiu o poder Supremo o 10 de abril de 1835, e o de vicexefe de Estado José María Silva.

En abril de 1835, o Xeneral Espinoza como Xefe Supremo, restableceu a Intendencia Xeral da Facenda outorgándolle funcións xudiciais. En maio dese mesmo ano estableceu as xuntas de Beneficencia en todo o Estado, e estableceu tamén o sistema de xurados nas causas criminais que se realicen no Estado.

O 22 de maio do mesmo ano por terse establecido o Distrito Federal na cidade de San Salvador, a Asemblea Lexislativa, co obxecto de reordenar o departamento homónimo, cambia a denominación deste a "Cuscatlán".

O Poder Executivo designou a cidade de Santa Ana, como a capital do departamento.de Sonsonate, agregándolle o partido de Metapán. Por decreto de 7 de maio de 1835, restableceu a Comandancia Xeral do Exército, separando o mando militar dos Departamentos da Xefatura Política.

O 17 de xuño de 1835, Espinoza ordenou a venda en poxa pública dos terreos baldíos. Tamén nesta mesma data restableceu o estanco de tabaco e emitiu o seu respectivo regulamento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Joaquín Escolán y Balibrera
Xefe Supremo do Salvador
1835
Sucesor:
Francisco Gómez