Nicolás García Pereira
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 18 de xullo de 1934 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, político ![]() |
![]() ![]() |
Nicolás García Pereira (ou García Pereyra), nado en Ferrol en 1900 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1934[1], foi un escritor, xornalista e político galego[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Matemático e poeta. Como matemático preparou a aspirantes a ingresar na Mariña de Guerra e no Exército. Fundou en San Xoán de Filgueira un equipo de fútbol chamado Libunca. Publicou algúns poemas en Vida Gallega. Foi director de El Gráfico. Presidente do Grupo ferrolán do Partido Galeguista, fundou e dirixiu o periódico Erte..![3].

Obra
[editar | editar a fonte]- Nó de saloucos e bágoas, 1920 (poemario).
- A custureira, 1922 (novela curta).
- Brétemas, 1933 (teatro).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Viveiro con Dolores San Isidro en 1930[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 19-7-1934, p. 2.
- ↑ "Unha baixa sensíbel. Homaxe póstumo" por Ramón Villar Ponte in El Pueblo Gallego, 17-8-1934, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-3-1933, p. 13.
- ↑ Vida Gallega, 20-8-1930, p. 45.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicolás García Pereira ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "García Pereira, Nicolao". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "García Pereira, Nicolás". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Poetas ferrolanos del ayer Arquivado 21 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Nicolás García Pereira (en castelán)