Nicolás Sánchez-Albornoz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1926 (98 anos) Madrid, España |
Director do Instituto Cervantes | |
1991 – 1996 ← sen valor – Marqués de Tamarón → | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador |
Empregador | Instituto Cervantes |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española |
Conflito | guerra civil española |
Participou en | |
18 de febreiro de 2014 | Intellectuals for the Third Republic (en) |
Familia | |
Pai | Claudio Sánchez Albornoz |
Premios | |
Nicolás Sánchez-Albornoz e Aboín, nado en Madrid o 11 de febreiro de 1926, é un historiador español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo do historiador e político Claudio Sánchez-Albornoz, exiliado durante a Guerra civil española. Nicolás permaneceu en Madrid e participou, sendo estudante, nun intento de reconstrución clandestina da Federación Universitaria Escolar (FUE). En 1947 foi detido e condenado a traballos forzados pola ditadura franquista. Con Manuel Lamana escapou do Valle de los Caídos en 1948 coa axuda do antropólogo Paco Benet, a escritora Barbara Probst Solomon e Barbara Mailer, irmá de Norman Mailer,[1] historia relatada na novela Otros hombres, de Manuel Lamana, e no filme Los años bárbaros de Fernando Colomo. Permaneceu exiliado na Arxentina durante décadas e desenvolveu alí gran parte da súa carreira.
Desde 1991 é membro correspondente da Real Academia de la Historia.[2]
Foi director (o primeiro) do Instituto Cervantes, de 1991 a 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sam Jones (12/11/2018). ‘The sooner it's gone, the better,’ says former prisoner at site of Franco's tomb The Guardian (en inglés).
- ↑ "Académicos correspondientes" RAH (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Claudio Sánchez-Albornoz (pai)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Investidura como doutor honoris causa Universidade Autónoma de Barcelona (26/4/2006) (en castelán).
- "Franco debate stirs up ghosts of civil war" (27/11/2006) The Denver Post (en inglés).
- Cortés, Josep Maria (15/1/2001). "Cuelgamuros, exilio e historia" El País (en castelán).