Nicola Sacco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Ferdinando Sacco 22 de abril de 1891 Torremaggiore, Italia (pt) |
Morte | 23 de agosto de 1927 (36 anos) Charlestown, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | pena de morte, electrocución |
Actividade | |
Ocupación | político |
Compañeiro profesional | Bartolomeo Vanzetti: Processo de Sacco e Vanzetti (pt) |
Cronoloxía | |
23 de agosto de 1927 | Processo de Sacco e Vanzetti (pt) |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of the American Left (en) |
Nicola Sacco, nado en Torremaggiore, provincia de Foggia, o 22 de abril de 1891 e finado en Boston o 23 de agosto de 1927, foi un anarquista italiano residente nos Estados Unidos.
Foi executado o 23 de agosto de 1927 xunto a Bartolomeo Vanzetti ao ser inxustamente declarados culpables do asalto e homicidio do pagador dunha fábrica, Frederick Parmenter e o seu escolta, Alessandro Berardelli, na vila de South Braintree, Estados Unidos, o 15 de abril de 1920. Foron exonerados de xeito simbólico o 23 de agosto de 1977 polo entón gobernador de Massachusetts, Michael Dukakis.