Nicolas Léonard Sadi Carnot
(1813) | |
Nome orixinal | (fr) Nicolas Léonard Sadi Carnot (fr) Nicolas Leonard Sadi Carnot |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xuño de 1796 París, Francia |
Morte | 24 de agosto de 1832 (36 anos) París, Francia |
Causa da morte | cólera |
Lugar de sepultura | Cimetière ancien d'Ivry-sur-Seine (en) |
Educación | Escola Politécnica Liceo Condorcet Conservatoire national des arts et métiers (pt) Lycée Charlemagne (en) |
Director de tese | Siméon Denis Poisson |
Actividade | |
Campo de traballo | Termodinámica |
Ocupación | matemático, enxeñeiro militar, físico, enxeñeiro |
Empregador | Exército de Terra Francés |
Profesores | Siméon Denis Poisson |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Lazare Carnot |
Irmáns | Hipolite Carnot |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Carnot, Leonard Sadi Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Nicolas Léonard Sadi Carnot, nado en París o 1 de xuño de 1796 e finado o 24 de agosto de 1832, correntemente chamado Sadi Carnot (Sadi é o seu único nome propio mencionado no rexistro civil, Nicolas Léonard son nomes de bautismo), foi un físico e enxeñeiro francés.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non publicou máis que un único libro: Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance ("Reflexións sobre a forza motriz do lume e sobre as máquinas apropiadas para desenvolver esta forza"; París, 1824), no que explica o que sería a obra da súa vida.[2] Nela puxo as bases dunha disciplina enteiramente novidosa, a termodinámica. Naquela altura, o termo non existía, aínda que sería William Thomson, Lord Kelvin, quen o cuñase a mediados do século XIX.[3]
Porén, é Sadi Carnot, quen, a pesar da imprecisión dalgúns dos conceptos que empregou, como a teoría do calórico e o axioma da conservación da calor, creou esta ciencia tan fundamental tanto desde a perspectiva teórica como pola súa fecundidade de aplicacións prácticas. Carnot formulou a exposición razoada do motor térmico e máis os principios básicos segundo os cales calquera central enerxética, calquera automóbil, calquera motor a reacción, é concibido hoxe. Salientabelmente, esta xénese elaborouse cando ningún predecesor definira aínda a natureza e extensión do asunto. Apoiándose en preocupacións puramente técnicas, como o melloramento dos rendementos da máquina de vapor, a evolución intelectual de Sadi Carnot foi orixinal e anunciou evolucións importantes que xurdirían nunha época crucial para a ciencia moderna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sadi Carnot (físico) - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2024-10-13.
- ↑ Bradu, Benjamin (2009-09-01). "Réflexions sur la puissance motrice du feu, de Sadi Carnot". Bibnum. Textes fondateurs de la science (en francés). ISSN 2554-4470. doi:10.4000/bibnum.858.
- ↑ Thomson, William (1857). "IX.— On the Dynamical Theory of Heat . Part V. Thermo-electric Currents". Transactions of the Royal Society of Edinburgh (en inglés) 21 (1): 123–171. ISSN 0080-4568. doi:10.1017/S0080456800032014.