Saltar ao contido

Nicolasa Pradera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicolasa Pradera
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Markina-Xemein, España Editar o valor en Wikidata
Morte1959 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeira Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1723831

Nicolasa Pradera Mendive, nada en Markina-Xemein o 7 de decembro de 1870 e finada en Madrid en 1959, foi unha afamada cociñeira vasca fundadora dos restaurantes que levan o seu nome en diferentes cidades españolas, cos que a cociña vasca adquiriu renome a nivel estatal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como era costume na época púxoselle o nome do santo do día, san Nicolao. De nova entrou a servir na familia Gaitan de Ayala, facendo labores de axudante de cociña. Cando unha das fillas desa familia casou e se trasladou a Donostia (Guipúscoa), foise con ela ao seu novo domicilio e fíxose cargo da cociña.

Casou con Narciso Dolhagaray Picabea, que rexentaba unha das carnizarías máis famosas da cidade, e entre ambos abriron un restaurante en 1912 na rúa Alamar nº 4, a logo senlleira "Casa Nicolasa". A cidade de San Sebastián era naquela época un dos principais destinos turísticos da Península Ibérica, ao que acudía a nobreza e a clase podente da época.

O restaurante "Casa Nicolasa" enseguida adquiriu renome e fama entre os veraneantes e é loado por figuras como Gregorio Marañón. Nos seus reservados fixéronse moitos acordos de todo tipo, transcendentais para o devir político e económico do país.[1]

No ano 1932 vendeu o restaurante a María de Urrestarasu e abriu un novo en colaboración cos seus fillos en pleno paseo da Concha, o restaurante "Andia". Despois da Guerra civil española, en 1940, abriu o restaurante "Nicolasa" en Madrid, primeiro na rúa Sevilla e logo en Velázquez.[2]

  1. "La casa que creó Nicolasa Pradera y encierra tantos secretos" El Diario Vasco, 07-10-10.
  2. Pradera Mendive, Nicolasa (1943). La cocina de Nicolasa. Icharopena. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]