Nicos Anastasiades
Nicos Anastasiades (en grego: Νίκος Αναστασιάδης), nado o 27 de setembro de 1946, é un político chipriota, líder do conservador Reagrupamento Democrático (DISY) e Presidente do seu país dende o 1 de marzo de 2013.[1]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Anastasiades foi elixido membro da Cámara de Representantes de Chipre en 1981 e é líder do seu partido dende o 8 de xuño de 1997.[2]
Campaña presidencial de 2013
[editar | editar a fonte]Durante as eleccións presidenciais en Chipre de 2013, Anastasiades baseou a súa campaña electoral na promesa de volver conducir a Chipre pola senda europea, no medio dunha crise financeira e bancaria producida, en parte, polo desastre económico sufrido por Grecia.[3]
Gañou a primeira rolda das eleccións cun 45,46% dos votos e conseguiu o 57,5% na segunda rolda.[3][4]
O seu principal rival foi o candidato comunista Stávros Malás.[4]
Presidencia de Chipre
[editar | editar a fonte]Durante o seu mandato Anastisiades deberá facer fronte a varios desafíos:
- Pactar o rescate para o país, sumido nunha profunda crise e moi ligado á debilitada economía grega.
- Negociar a posible reunificación da illa, dividida entre grecochipriotas e turcochipriotas dende a invasión do norte da illa por Turquía en 1974.[5]
Unha das medidas de maior transcendencia produciuse tras só quince días no goberno, cando se fixo público o 16 de marzo de 2013 un rescate financeiro, negociado entre a Unión Europea e o goberno de Anastasiades, que incluía unha penalización próxima ó 7% dos depósitos bancarios, o cal produciu numerosas reaccións en toda Europa.[6]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Casado con Andri Moustakoudes, son pais de dúas fillas: Elsa e Ino Anastasiades.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castiella, Begoña (17 de febreiro de 2013). "El conservador Anastasiadis, favorito de unas elecciones marcadas por el rescate en Chipre". ABC. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ "Nicos Anastasiades President. Democratic Rally of Cyprus". The Economist. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Conservador Anastasiades gana elecciones en Chipre". DW.com. 24 de febreiro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 RTVE.es, ed. (17 de febreiro de 2013). "Conservadores y comunistas se enfrentarán en una segunda vuelta en Chipre". Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ EuropaPress, ed. (24 de febreiro de 2013). "Anastasiades vence en las elecciones presidenciales de Chipre". Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ "El Eurogrupo rescata a Chipre y provoca el primer 'corralito' de la UE". El Mundo. 16 de marzo de 2013. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ "Index". Anastasiades. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013.