Nieves Delgado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1968 (56 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, mestra, escritora de ciencia ficción |
Premios | |
| |
Nieves Delgado, nada en Ferrol o 5 de agosto de 1968, é unha escritora galega de ciencia ficción gañadora dun Premio Ignotus polo seu relato curto Casas Rojas. Escribiu dúas novelas curtas, multitude de relatos e varios artigos. É editora das Visións 2018 (AEFCFT, 2018). Ademais, compaxina a súa faceta de escritora coa de profesora de física en educación secundaria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela para especializarse máis tarde en Astrofísica na Universidade de La Laguna, Tenerife.[1]
Os seus coñecementos de ciencia unidos á súa paixón polos xéneros de ciencia ficción e terror fixeron que a súa obra vire cara á tecnoloxía e a intelixencia artificial[2], case sempre cun claro compoñente de reflexión filosófica. Empezou a publicar no ano 2012 (La condena) e en breve recibiu o seu primeiro nomeamento ós Premios Ignotus polo seu relato Dariya (2014).[1][3] O ano seguinte, volveu estar nomeada polo seu relato Casas Rojas e esta vez si que obtivo a vitoria na categoría de mellor conto.
En 2016, presenta a súa colección de relatos Dieciocho engranajes. Relatos de futuro (Adaliz Edicións, 2016) e en 2017 a súa primeira novela curta 36 (Editorial Cerbero, marzo de 2017).[4][5][6]
En 2018 recibiu dous nomeamentos ós Premios Ignotus: Premio Ignotus á Mellor novela curta por 36 (Editorial Cérbero, 2017) e Premio Ignotus ó mellor artigo pola segunda división da literatura, en Editorial Cerbero (xullo de 2017).[7] A súa última novela até o momento é UNO (Editorial Cerbero, xaneiro 2018).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ficha de Nieves Delgado". La Tercera Fundación. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Entrevista a Nieves Delgado". Entretanto Magzine.
- ↑ "2014 Ignotus Awards Winners". Locus Magazine.
- ↑ NACHO PÉREZ DE LOS HEROS. "Nieves Delgado, ciencia ficción especulativa y social". LaDuda.net. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Nieves Delgado presenta su nueva novela". Diarío La Opinión (A Coruña).
- ↑ Lola Robles. "Reseña: “36” de Nieves Delgado. Por Lola Robles.". Revista Mamut. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Finalista de los Ignotus 2018" (PDF). AEFCFT. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
- ↑ Javier Miró. "UNO y menos UNO 2015". Libros-Prohibidos.