Nieves Lorenzo González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (53/54 anos) valor descoñecido |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Vicente Pérez Muñuzuri |
Actividade | |
Ocupación | física, profesora universitaria |
Nieves Lorenzo González, nada en 1971[1], é Física e catedrática de Física na Universidade de Vigo (Uvigo).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou o seu doutoramento.[2]
Os seus intereses como investigadora inclúen os estudos de: Dinámica Atmosférica, Oceanografía Física, Interacción atmosfera-océano, modelos numéricos, cambio climático, Biometeoroloxía, Agrometeoroloxía e Sistemas non lineais.
Promove a participación das mulleres na ciencia e a tecnoloxía, con iniciativas como Exxperimenta en feminino,[3] unha actividade divulgativa na que se presentan talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus de Ourense nos que pode participar o estudiantado non universitario.
Dende decembro de 2023 é a directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nieves Lorenzo, directora de la Escuela de Ingeniería Aeroespacial: «Nadie daba un duro por nosotros»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-02-15. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "María de las Nieves Lorenzo González". The Conversation (en inglés). 2022-07-14. Consultado o 2024-08-24.
- ↑ "La feria Exxperimenta en femenino acercará la ciencia a la calle este viernes". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-02-07. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "A investigadora do CIM e catedrática Nieves Lorenzo, nova directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo". Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo | CIM - UVigo. 2023-12-05. Consultado o 2024-08-24.