Nikolai Rukavishnikov
Aparencia
Nikolai Nikolaievich Rukavishnikov, nado en Tomsk o 18 de setembro de 1932 e finado o 18 de outubro de 2002, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 10, Soiuz 16 e Soiuz 33.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rukavishnikov graduouse no Instituto de Física e Enxeñaría de Moscova e de 1957 a 1967 traballou na OKB 1 con Korolev. Foi seleccionado como cosmonauta en 1967, participando nas misións Soiuz 10, Soiuz 16 e Soiuz 33 e pasando un total de 9,88 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Rukavishnikov, Nikolai Nikolayevich" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ NASA, ed. (2 de decembro de 2019). "45 Years Ago: Soviet Rehearsal for Apollo-Soyuz" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nikolai Rukavishnikov |