Saltar ao contido

Nil Cervera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNil Cervera
Biografía
Nacemento29 de agosto de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Igualada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2021–2024 Igualada HC 65(27)
2024– Hockey Club Liceo da Coruña

Nil Cervera del Fresno, nado en Igualada o 29 de agosto de 2003, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga de defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga. É internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do club de hóckey máis importante da súa vila natal, o Igualada, co que debutou na OK Liga na tempada 2020/21. Convertido nunha das maiores promesas do hóckey nacional, foi o máximo goleador do seu equipo na tempada 2023/24 (29 goles), na que conquistou a Copa da WSE, e foi elixido xogador revelación da tempada pola Federación Española de Patinaxe.[1] O seu rendemento chamou a atención dos grandes clubs europeos, sendo o Liceo coruñés o que conseguiu a súa fichaxe.[2]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Despois de ser internacional nas categorías inferiores, debutou coa selección española absoluta en 2024, na Copa das Nacións de Montreux.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Igualada
España sub-19
  • Campionato de Europa sub-19 (1): 2021.
  1. "Nil Cervera y Gimena Gómez, premios a jugador revelación de la temporada 23/24" (en castelán). 8 de xullo de 2024. Consultado o 11 de xullo de 2024. 
  2. Abelenda Lado, Daniel (9 de xullo de 2024). "Nil Cervera, talento revelación para el nuevo Liceo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2024. 
  3. Varela, María (9 de xullo de 2024). "Nil Cervera: “El Liceo y yo compartimos la garra y el hambre por ganar títulos”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2024.