Saltar ao contido

Nilo Cea Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNilo Cea Rodríguez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 1992 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, escritor, debuxante Editar o valor en Wikidata

Nilo Cea Rodríguez, nado en Melide en 1911 e finado no mesmo concello o 27 de outubro de 1992, foi un mestre, escritor e debuxante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Domingo Antonio Cea Costoya, mestre de Melide, e Leonor Rodríguez. Mestre de Furelos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[1] Cultivou a poesía e a prosa (contos de nenos e de escola e narracións costumistas) sempre en galego. Tamén foi debuxante, caricaturista e tallista en madeira. Finou en Melide o 27 de outubro de 1992.[2]

Entre as súas obras figuran os contos de escola A Escola, o escolante e máis os rapaces da aldea e Contos do Mariano (en prosa) e Contos recolleitos e contos discurridos postos en verso (poemas).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Matilde Concepción Sánchez Reboredo.

  1. BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-10-1992, p. 65.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]