Saltar ao contido

Ninette de Valois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNinette de Valois

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edris Stannus Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1898 Editar o valor en Wikidata
Blessington, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 2001 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina de ballet, escritora, ballet teacher (en) Traducir, mestre de ballet, coreógrafa, libretista, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeArthur Blackall Connell (1935–) Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Robert Alexander Stannus Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Graydon Smith Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
A Historical Dictionary of British Women, (p.132)
Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.236) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0212030 BNE: XX1187191 WikiTree: Stannus-7 Find a Grave: 8223718 Editar o valor en Wikidata

Dame Ninette de Valois, nada como Edris Stannus en Blessington (Irlanda) o 6 de xuño de 1898 e finada en Londres o 8 de marzo de 2001, foi unha bailarina, profesora, coreógrafa e directora de ballet clásico británica de orixe irlandesa.[1] Bailou profesionalmente cos Ballets Russes de Serge Diaghileve posteriormente estableceu o Royal Ballet, unha das compañías máis destacadas do século XX. Tamén estableceu a Royal Ballet School e a compañía que se converteu no Birmingham Royal Ballet. Está recoñecida como unha das figuras máis influentes da historia do ballet e como a "madriña" do ballet inglés e irlandés.[2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a bailar en 1908, con dez anos, e axiña adquiriu unha gran reputación en Inglaterra a causa dos seus graciosos movementos. En 1921 cambiou legalmente o seu nome a Ninette de Valois. Bailou cos Ballets Rusos de Sergei Diagilev, aínda que non chegou a ser unha estrela con eles.

Retirouse como bailarina en 1926, con vinte e oito anos, para promover o ballet clásico por toda Europa. En 1928 convenceu a Lilian Baylis para que o Sadler's Wells Theatre puidese ser sede da súa compañía. Baixo a súa dirección a compañía creceu e converteuse na Wells Royal Ballet Company, que máis adiante se dividiu entre a Birmingham Royal Ballet e a Covent Garden's Royal Ballet. Tamén fundou a Royal Ballet School.

De Valois, case sen axuda, foi responsable de crear o ballet clásico británico. Deseñou a súa compañía segundo o exemplo dos Ballets Imperiais Rusos, aínda que programando unha mestura de ballet clásico e obras contemporáneas. Pouco a pouco foi atraendo persoas de talento, e invitou a Frederick Ashton que fora o principal coreógrafo da súa compañía. Co tempo, a compañía chegou a ser unha das máis sonadas do mundo, con bailaríns como Margot Fonteyn, Gillian Lynne, Robert Helpmann, Moira Shearer, Beryl Grey e Michael Somes. En 1949 o Sadler Wells Ballet causou sensación cando viaxaron aos Estados Unidos e Margot Fonteyn converteuse inmediatamente nunha celebridade internacional. A comezos da década de 1950, de Valois contribuíu a fundar o Ballet e Ópera Estatal Turco, en Istambul.

Ocupouse de que a súa compañía tivese unha fonte constante de talento e nos anos seguintes a compañía contou con estrelas como Svetlana Beriosova, Antoinette Sibley, Nadia Nerina, Lynn Seymour, e coa máis sensacional posible no momento, Rudolf Nureyev. De Valois tamén invitou a coreógrafos como Kenneth MacMillan e George Balanchine a que traballasen coa compañía. Retirouse formalmente en 1964 e foi nomeada Life Governor of the Royal Ballet, deixando sentir a súa presenza na compañía. Era moi severa, e quizais por esa razón, déuselle o alcume de "Madam" (Señora). O alcume callou e dende entón en artigos e entrevistas formais chamárona Madam; ela aceptouno con naturalidade e comezou a asinar así a súa correspondencia.

Continuou con aparicións públicas ata a súa morte aos 102 anos.

Foille concedida a Lexión de Honra francesa en 1950 e nomeada Dame Commander of the Order of the British Empire en 1951, e posteriormente, en 1982, Companion of Honour. En 1992 recibiu a Orde do Mérito.

En 1974 tamén se lle outorgou o prestixioso Premio Erasmus, conxuntamente co coreógrafo Maurice Béjart.

  1. Ninette de Valois. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  2. Segal, Lewis. "Dame Ninette de Valois; Influential Founder of Britain's Royal Ballet". Los Angeles Times. Consultado o 12 de agosto de 2010. 
  3. "The first wave of classical ballet in Australia". cultureandrecreation.gov.au. 4 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2010. 
  4. Walsh, John (6 de xuño de 1998). "Interview: Dame Ninette de Valois: Doyenne of the dance". The Independent (Londres). Consultado o 31 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]