Ninnidh
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Apóstolo | |
Abade | |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de xaneiro |
Ninnidh (tamén coñecido como Ninnidh o Piadoso, irlandés: Ninnidh leth derc, que significa Ninnidh dun ollo) foi un santo cristián irlandés do século VI. San Ninnidh pertenceu ao grupo coñecido como os Doce Apóstolos de Irlanda. Asóciase coa costa do Lough Erne e, en particular, a illa de Inishmacsaint e a Knockninny no condado de Fermanagh en Irlanda do Norte. A súa festa celébrase o 18 de xaneiro.
Ninnidh de Inismacsaint confúndese ás veces con san Ninnidh da man pura, quen atendeu a Bríxida de Kildare no seu leito de morte.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ninnidh naceu no condado de Donegal. Foi neto de Laoghaire, o alto rei de Irlanda. Foi educado baixo a tutela de Finnian na abadía de Clonard[3] onde coincidiu con Ciarán de Clonmacnoise, san Molaise de Devenish e san Aidán de Ferns. Ninnidh predicou pola beira sur do lago Erne, convertendo a illa de Inishmacsaint na súa sé arredor do ano 532.[1]