Nintendo Switch
A Nintendo Switch (en xaponés: ニンテンドースイッチ; Nintendō Suitchi) é unha videoconsola desenvolvida por Nintendo e lanzada internacionalmente na maioría de rexións do mundo o 3 de marzo de 2017. A consola é unha tableta que pode acoplarse para funcionar como unha consola caseira ou un dispositivo portátil, o que a converte nunha videoconsola híbrida. Os seus controladores sen cable Joy-Con, con botóns estándar e joystick analóxico direccionais, detección de movemento e retroalimentación táctil, pódense conectar a ámbolos dous lados da consola para poder xogar en estilo portátil. Tamén se poden conectar a un accesorio de agarre para desfrutar unha forma de consola doméstica tradicional gamepad, ou poden usar individualmente na man como o Wii Remote e Nunchuk, permitindo modos multixogador.
Como consola de oitaba xeración, Nintendo Switch compite no mercado coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. Case tres millóns de consolas foron vendidas durante o primeiro mes após o lanzamento, superando a proxección inicial de Nintendo de dous millóns de unidades, e superando no primeiro ano máis de 14 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, superando tamén as vendas totais de Wii U. A comezos de 2018, a Switch converteuse na consola caseira que máis rapidamente se vendeu no Xapón e nos Estados Unidos. Ata o mes de decembro de 2020, a Nintendo Switch e Nintendo Switch Lite vendeu máis de 79 millóns de unidades en todo o mundo. As vendas de Switch estiveron fortemente vinculadas ás vendas de seis títulos de Nintendo, The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Mario Kart 8 Deluxe, Super Mario Odyssey, Super Smash Bros. Ultimate, Pokémon Sword e Shield e Animal Crossing: New Horizons, cada un deles vendendo máis de vinte millóns de unidades.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nintendo Switch |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)