NoViolet Bulawayo
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1981 (43 anos) Tsholotsho, Cimbabue (pt) |
Educación | Universidade Stanford Universidade Cornell Universidade Texas A&M (pt) Universidade Metodista do Sur |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria e Prosa |
Ocupación | escritora |
Empregador | Universidade Cornell |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | novioletbulawayo.com |
Elizabeth Zandile Tshele, nada en Tsholotsho o 12 de outubro de 1981[1] é unha escritora de Cimbabue,[2], coñecida polo nome artístico de NoViolet Bulawayo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo a educación secundaria nos institutos de Njube, Mzilikazi[3] e nos Estados Unidos no Kalamazoo Valley Community College,[4]. Estudou Lingua e Literatura inglesa na Texas A&M University-Commerce e na Universidade Metodista do Sur[5]. En 2010 rematou un mestrado de Escritura creativa na Universidade de Cornell, onde foi premiada pola Truman Capote Literary Trust.[5]
En 2011 gañou o Premio Caine co seu relato "Hitting Budapest",[6], publicado no Boston Review en 2010[7] e que se convertería no capítulo inicial da súa primeira novela, We Need New Names, publicada en 2013.[8][9][10] A obra foi seleccionada para o Premio Booker,[11][12], co que Bulawayo se converteu na primeira muller negra africana e a primeira persoa de Cimbabue en ser seleccionada para dito premio.[13] A obra recibiu tamén o Premio Etisalat e o Hemingway Foundation/PEN Award.
Obra
[editar | editar a fonte]- "Snapshots" (2009), publicado en New Writing from Africa 2009 (J. M. Coetzee, ed.)
- "Hitting Budapest" (2010), publicado en Boston Review[14] e The Caine Prize for African Writing 2011
- 2013: We Need New Names
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Man Booker Prize Shortlist 2013 announced". The Man Booker Prize (en inglés). 10 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- ↑ "Zimbabwe's NoViolet Bulawayo wins Caine writing prize". BBC News (en inglés). 12 de xullo de 2011.
- ↑ Manhango, Simba (23 de xullo de 2011). "Hard work, passion the special ingredients for success". The Standard. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2019. Consultado o 14 de abril de 2012.
- ↑ Liberty, John (23 de xullo de 2013). "Author, KVCC graduate NoViolet Bulawayo named to prestigious Man Booker long list". MLive Media Group.
- ↑ 5,0 5,1 "Elizabeth Tshele". Cornell University Department of English. Abril de 2012.
- ↑ Busby, Margaret (7 de xuño de 2013). "We Need New Names, By NoViolet Bulawayo". The Independent.[Ligazón morta]
- ↑ Waxman, Simon (6 de xuño de 2013). "Congratulations, NoViolet Bulawayo". Boston Review.
- ↑ "We Need New Names – NoViolet Bulawayo". Book Excerptise.
- ↑ Kristy, Davis. "We Need New Names: A Novel". Oprah.
- ↑ Habila, Helon (20 de xuño de 2013). "We Need New Names by NoViolet Bulawayo – review". The Guardian.
- ↑ "Shortlist 2013 announced". Man Booker Prize. 10 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- ↑ Driscoll, Molly (23 de xullo de 2013). "Man Booker Prize long list includes writers Colum McCann, Tash Aw". Christian Science Monitor. Consultado o 23 de xullo de 2013.
- ↑ "First black African woman nominated for Booker Prize". AFP. 10 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- ↑ NoViolet Bulawayo (Novembro–Decembro 2010). "Hitting Budapest". Boston Review (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- NoViolet Bulawayo Arquivado 17 de xullo de 2019 en Wayback Machine., official website.