No te'n rentis les mans, Flanagan
No te'n rentis les mans, Flanagan | |
---|---|
Título orixinal | No te'n rentis les mans, Flanagan |
Autor/a | Andreu Martín e Jaume Ribera |
Orixe | Cataluña |
Lingua | catalán |
Xénero(s) | Novela negra, literatura xuvenil |
Data de pub. | 1993 |
Precedido por | Tots els detectius es diuen Flanagan |
Seguido por | Flanagan de luxe |
[ editar datos en Wikidata ] |
No te'n rentis les mans, Flanagan é un libro escrito en 1993 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o terceiro da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
[editar | editar a fonte]A historia comeza o 7 de xuño, primeiro día sen clase.
Flanagan está atormentado pola súa ruptura con Carmen Longo. E cando pretendía esquecela, no barrio ocorre un asasinato e o acusado é o mozo actual de Carmen.
Axiña se forma unha boa revolta no barrio contra o colectivo xitano, e aproveitando a escusa de que o acusado é desa etnia, moitos veciños de ideoloxía filonazi ou simplemene racistas organizan patrullas para evitar o acceso ó barrio de drogadictos, pero baixo esa escusa aproveitan para desafogarse, actuando con violencia e impunidade ante os máis débiles.
Remexendo no lixo, algo que xa fai para outro caso, atopa pistas sobre o asasinato, e descobre que está relacionado cunha trama urbanística, e que un traficante de drogas de mediana monta está implicado. Tras sufrir bastante violencia física nas súas carnes, é vítima dun ofrecemento de chantaxe, chegando a rexeitar 8 millóns de pesetas e un posto de traballo, pero mantendo a súa dignidade.
Narración
[editar | editar a fonte]Na mesma liña que o anterior e que os seguintes da saga, neste caso fala das inxustizas sociais e da marxinación dos xitanos simplemente polo feito de selo, sen mirar se os afectados son xustos ou pecadores. Tamén critica a impunidade dos poderosos, capaces de pagaren moito por deixaren sen castigo un asasinato, e sen escrúpulo ningún.
Neste libro Flanagan non ten moito tempo para as relacións amorosas. Séntese mal trala ruptura, e, malia coquetear con María Gual, son simplemente bos amigos.