Noite de Guy Fawkes
A noite de Guy Fawkes (en inglés: Guy Fawkes Night, tamén coñecida en inglés como Bonfire Night; en galego: a noite das fogueiras) é unha celebración que se realiza principalmente no Reino Unido a noite do 5 de novembro, para conmemorar o fracaso do atentado do 5 de novembro de 1605, coñecido como a conspiración da pólvora, co que unha facción de católicos, entre os que se atopaba Guy Fawkes, tentaron destruír o Palacio de Westminster, a sede do parlamento en Londres.
Historia e características
[editar | editar a fonte]No leste de Inglaterra até 1859 era obrigatorio por decreto celebrar a salvación do rei, unha celebración que incluía espectáculos pirotécnicos e a construción de cacharelas sobre as que se queimaban os Guys, uns bonecos coa efixie de Guy Fawkes, o máis coñecido de todos os conspiradores de 1605. A véspera do 5 de novembro os nenos usaban os Guys para pedir diñeiro ao berro de "penny for the guy". Tradicionalmente, o "penny" (penique) serviu para comprar pirotecnia.
As celebracións teñen nalgúns casos peculiaridades específicas. En Lewes, Sussex, a celebración mestúrase coa conmemoración da cremación de 17 mártires protestantes da localidade, ocorrida durante a persecución de María Tudor. En Scotton, localidade da que procedía Guy Fawkes, non se queimaban os bonecos, e até moi recentemente a escola católica Stonyhurst College non fixo ningunha celebración xa que entre os seus alumnos contáronse tres dos conspiradores do 1605. En Ottery St Mary, Devon, paséanse polas rúas barrís de brea ardendo. En Irlanda do Norte, a celebración de fogos artificiais e fogueiras asóciase máis coa noite do 31 de outubro, a noite de bruxas (Halloween).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noite de Guy Fawkes |