Non espletivo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Denomínase non espletivo a aquel que non afecta, aínda que non é unha marca que implica negación, á modalidade do enunciado.
O non espletivo nunca é de uso obrigatorio e recoñécese doadamente porque en caso se prescindir del, en caso de conformarmos de novo a secuencia sen a súa presenza, o significado non varía.
Pode encontrarse nas seguintes construcións:
- Temporais introducidas por ata que, sobre todo co verbo en subxuntivo: Non o faremos ata que non esteas aquí[Cómpre referencia].
- Comparativas de desigualdade: É máis lixeira a miña saca ca non a túa
- Exclamacións e interrogacións retóricas introducidas por canto/s, canta/s: ¡Canto non choveu dende aquela!