North American T-6 Texan
T-6 Texan/SNJ/Harvard | |
---|---|
Tipo | adestramento |
Fabricante | North American Aviation |
Primeiro voo | 1 de abril de 1935 |
Retirado | 1995 |
Principais usuarios | Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos Armada dos Estados Unidos Royal Air Force Real Forza Aérea do Canadá |
Unidades construídas | 15 495 |
Variantes | North American A-27 Bacon Super T-6 |
O North American T-6 Texan é un avión de adestramento avanzado monomotor utilizado para adestrar pilotos da Forza Aérea e da Armada dos Estados Unidos, da Royal Air Force, e doutras forzas aéreas da Commonwealth durante a segunda guerra mundial e ata os anos 70. Deseñado por North American Aviation, o T-6 é coñecido con distintas denominacións dependendo do modelo e da forza aérea que o operaba. A USAAC e a USAAF designárono como AT-6, a Armada dos Estados Unidos como SNJ, e as forzas aéreas da Commonwealth como Harvard. Tras 1962 as forzas estadounidense designárono como T-6. Segue sendo un avión moi popular nos festivais aéreos. Tamén foi usado moitas veces para simular varios avións xaponeses en películas, como o Mitsubishi A6M Zero. Fabricáronse un total de 15 495 T-6 de todas as variantes.