Notícia de torto
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |


A Notícia de torto é un manuscrito en pergamiño medieval datado en 1215 ou 1216,[1] considerado o segundo documento máis antigo en lingua galego-portuguesa, posterior á Notícia de Fiadores. Tal título, porén, é rexeitado por algúns autores coma Ramón Lorenzo que o considera "un híbrido latino-galego-portugués", mentres que outros nin sequera o consideran un documento.
O título é unha referencia á súa primeira liña (De noticia de torto que feceru(m) a Laure(n)cius Ferna(n)diz).[1]
Nel, Lourenço Fernandes da Cunha fai un minucioso relatorio das malfeitorías feitas polos fillos de Gonzalo Ramires.[1] O pergamiño, de 313 por 170 milímetros, escrito por ambas caras, foi atopado no mosteiro feminino de Vairão, e consérvase no Arquivo Nacional Torre do Tombo de Lisboa.[1] Probabelmente este escrito sexa unha tradución doutro en lingua latina, característica empregada adoito nos documentos medievais.
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Notícia de torto |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Notícia de Torto". Arquivo Nacional da Torre do Tombo. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 22 de marzo de 2016.