Nouvelle Droite
Nouvelle Droite ou Nova Dereita é unha escola de pensamento político baseada na súa maior parte nas obras de Alain de Benoist e no seu desenvolvemento polo Groupement de Recherche et d'Études pour la Civilisation Européene (GRECE). O termo empregouse por vez primeira en 1979 nunha campaña dos medios contra GRECE.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Consiste nunha síntese das ideas da dereita revolucionaria de Weimar (como Carl Schmitt, Oswald Spengler e Ernst Jünger) e da Nova Esquerda. Busca a fin da tradicional contraposición entre a dereita e a esquerda na procura dun novo paradigma político mais tamén se viu como unha nova forma de neofascismo. As súas orixes están na publicacion teórica francesa Europe Action, órgano de reflexión da estrema dereita francesa, creada tras o fracaso da OAS, o seu discurso exaltaba o nacionalismo e a loita da raza occidental contra o bolxevismo e o liberalismo.
Os eixos temáticos da ND proceden do neofascismo pero cunha formulación nova e cunha elaboración máis coidada, cun forte antiamericanismo considerando aos Estados Unidos como un colonizador cultural e económico de Europa, ve ao Terceiro Mundo como un aliado na loita contra o imperialismo. Oponse ao igualitarismo e aos principios democráticos e enfatiza o papel das elites. Contrario á desigualdade racial considera non obstante que as razas non se deben mesturar.
Rexeita a herdanza xudeu-cristiá e o cristianismo como unha ideoloxía foránea aos pobos indoeuropeos, posicionándose pagá, crenza de debe adoptar unha elite para conectar coas raíces europeas, en especial as greco-romanas.
As posicións da Nouvelle Droite atópanse na retórica de partidos da dereita radical e estrema europea, principalmente na Fronte Nacional francesa, a pesar de Alain de Benoist publicamente rexeitar calquera vincallo co FN ao que acusa de apoiar o sistema occidental americanocéntrico ademais de considerla liberal, moralista, integrista e racista.
Ten relacións con outras correntes semellantes como a Neue Rechte en Alemaña, a New Right do Reino Unido e a Nova Destra en Italia.