Saltar ao contido

Nova Escola Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nova Escola Galega
Tipoasociación
Data de fundación11 de xuño de 1983
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.nova-escola-galega.org/
editar datos en Wikidata ]

Nova Escola Galega é un movemento asociativo de base que ten como finalidade impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e cooperación de todos aqueles ensinantes e persoas sociais e colaboradoras que pretenden contribuír coa súa acción e reflexión á construción dun sistema educativo galego, público e democrático. Foi fundado o 11 de xuño de 1983 en Santiago de Compostela.[1][2]

Actividades

[editar | editar a fonte]

Nova Escola Galega ten varios campos de acción:

  • Colaboración ou creación de exposicións, congresos, xornadas e escolas de verán.
  • Publicacións sobre sociolingüística e materiais curriculares.
  • Publicación trimestral da Revista Galega de Educación.[3][4]
  • Colaboración en varios encontros, como os coñecidos encontros galego-portugueses de educadoras e educadores para a paz, ou os recentes sobre medios de comunicación.
  • Existencia de grupos de traballo sobre diversos proxectos orientados a distintos niveis educativos (como o grupo Vieiros da escola, sección da publicación electrónica Vieiros).

A Nova Escola Galega forma parte da Federación Internacional de Movementos de Escola Moderna (FIMEM), xa que unha fonte fundamental da súa inspiración ven do método pedagóxico de Célestin Freinet, que reivindica a pedagoxía popular e a educación cooperativa. Está tamén integrada na Confederación Española dos Movementos de Renovación Pedagóxica.[3]

No ano 2012 foi recoñecida co Pedrón de Ouro, salientando a súa “vontade continuada no tempo a prol dunha educación ao servizo, en particular, da nenez e da mocidade en todos os niveis do ensino".[5]

  1. "Nova Escola Galega: catro décadas de defensa do ensino público e a renovación pedagóxica". Praza Pública. 2023-07-03. Consultado o 2025-02-09. 
  2. "ACTA FUNDACIONAL DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA “NOVA ESCOLA GALEGA”" (PDF). Consultado o 9 de febreiro de 2025. 
  3. 3,0 3,1 "Nova Escola Galega". Revista Galega de Educación. Consultado o 2025-02-09. 
  4. REDACCIÓN (2025-01-28). "Moaña acoge la presentación de la Revista Galega de Educación". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-02-09. 
  5. "O colectivo Nova Escola Galega acaba de ser recoñecido co Pedrón de Ouro 2012 - Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2012-05-28. Consultado o 2025-02-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]