Saltar ao contido

Nove de novembro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nove de novembro
Ficha técnica
Título orixinalNove de novembro
DirectorLázaro Louzao
ProdutorLázaro Louzao
GuiónLázaro Louzao
IntérpretesAdemar Silvoso
Brais Yanek
FotografíaMaite Redondo
Iago Vilarinho
MontaxeJuan Camilo Castillo
Lázaro Louzao
Maite Redondo
EstudioCostura Films
EstreaBilbao: 24 de febreiro de 2018
Duración83 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Orzamento€ 30 000
Na rede
https://lazarolouzao.com/cine/nove-de-novembro-2018/
IMDB: tt7644306 Editar o valor en Wikidata

Nove de novembro é un filme galego de 2018 dirixido por Lázaro Louzao. É o primeiro filme rodado en Galicia e en galego sobre unha relación homosexual.[1] Estreouse o 24 de febreiro de 2018 no Festival Zinegoak de Bilbao.

Ambientado no ano 1989, o ano da caída do muro de Berlín, conta os derradeiros catro días dunha parella gai que, comeza a súa ruptura logo de dez anos xuntos.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme contou con financiamento de micromecenado a través da plataforma en liña Verkami. Rodouse na cidade da Coruña e no concello de Xove.[2]

A publicación do trailer do filme foi censurada pola rede social Facebook, malia a ausencia de espidos no contido do vídeo promocional, e deu lugar a acusacións de homofobia.[3]

  1. Pastoriza, Tamara (31 de marzo de 2018). "Primeiro filme galego sobre unha relación gay". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2018. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. Santos, Ágatha de (6 de agosto de 2017). "El director Lázaro Louzao inicia el rodaje de la primera película gay en gallego". Faro de Vigo. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. Redacción (18 de novembro de 2017). "Facebook censura a promoción de ‘Nove de Novembro’, o primeiro filme gai en galego". Galicia Confidencial. Consultado o 3 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]