Novy Mir
Novy Mir | |
---|---|
País | Rusia e Unión Soviética |
Lingua | lingua rusa |
Fundación | 1925 |
Descrito por | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Circulación | |
ISSN | 0130-7673 |
Na rede | |
http://magazines.russ.ru/novyi_mi/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Novy Mir (en ruso Но́вый Ми́р; traducido como Novo Mundo) é unha revista literaria en ruso que se leva publicando en Moscova desde xaneiro de 1925 e que nun tempo foi órgano oficial da Unión de Escritores da URSS.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse a suxestión de Yuri Mikhailovich Steklov, o editor de Izvestia. Durante os primeiros anos publicaba principalmente prosa que seguía as liñas do Partido Comunista, porén unha pequena controversia aconteceu en 1945 cando publicou un ensaio de Aleksandr Bek que mencionaba seis termos populares para designar o "perineo".
A principios da década de 1960s Novy Mir mudou as súas posicións, abríndose á disidencia, así no número de novembro de 1962 publicou Odin den' Ivana Denisovicha (Un día na vida de Ivana Denisovicha) de Aleksandr Solzhenitsyn no que trata sobre a vida nun Gulag e continuou a publicar artigos e historias controvertidas sobre varios aspectos da historia rusa e soviética ata a marcha do seu editor en xefe Aleksandr Tvardovski en febreiro de 1970. De novo coa chegada de Sergey Zalygin á dirección en 1986 e o comezo da perestroika a revista volveu ás críticas cara ao réxime soviético e publicou ficción e poesía de autores anteriormente prohibidos como George Orwell, Joseph Brodsky e Vladimir Nabokov.
Editores en xefe
[editar | editar a fonte]- Vyacheslav Polonsky (1926–1931)
- Ivan Gronsky (1931–1937)
- Vladimir Stavsky (1937–1941)
- Vladimir Shcherbina (1941–1946)
- Konstantin Simonov (1946–1950)
- Aleksandr Tvardovski (1950–1954)
- Konstantin Simonov (1954–1957)
- Aleksander Tvardovski (1958–1970)
- Valery Kosolapov (1970–1974)
- Sergei Narovchatov (1974–1981)
- Vladimir Karpov (1981–1986)
- Sergey Zalygin (1986–1998)
- Andrei Vasilevsky (1998- )
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en ruso)