Nucifraga multipunctata
Nucifraga multipunctata | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lámina de Nucifraga multipunctata en John Gould: Birds of Asia. Volume V. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Nucifraga multipunctata Gould, 1849 |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Large-spotted_Nutcracker_%28Nucifraga_multipunctata%29_%2850123168843%29.jpg/240px-Large-spotted_Nutcracker_%28Nucifraga_multipunctata%29_%2850123168843%29.jpg)
Nucifraga multipunctata é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das tres integradas no xénero Nucifraga,[2][3] coñecida popularmente na bibliografía internacional como crebanoces do Himalaia, xa que habita no Himalaia e zonas próximas.
As outras dúas especies do xénero son Nucifraga caryocatactes, distribuída por Eurasia, e Nucifraga columbiana, propia do oeste de América do Norte.
Antigamente considerouse como unha subespecie de Nucifraga caryocatactes (Nucifraga caryocatactes multipunctata).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Sinónimo
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Nucifraga caryocatactes multipunctata (Linnaeus, 1758)
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie endémica do Himalaia occidental e os seus contrafortes.[4]
Historia taxonómica e características
[editar | editar a fonte]Nucifraga multipunctata está estreitamente relacionada con Nucifraga caryocatactes, da que só se separou recentemente. Algunhas autoridades aínda tratan estas formas como conespecíficas.[1]
As dúas especies son similares en aparencia, aínda que N. multipunctata distínguese de N. caryocatactes por un aspecto xeral máis abrancazado, xunto cunha coroa amorurada, contrastante, nas ás e na base da cola. Tamén ten manchas brancas na base da cola, que é relativamente máis delgada e máis longa.[1]
É unha especie monotípica.[5]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de "vulnerábel" segundo o criterio do tamaño do rango (extensión de presenza <20 000 km2), e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo este criterio. Por todo isto, a UICN avalía o status desta especie como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2017): Nucifraga multipunctata na Lista vermella da UICN. Versión 2912-2. Consutada o 3 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Nucifraga multipunctata Gould, 1849 no GBIF. Consutado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Nucifraga multipunctata Gould, 1849 no ITIS. Consutado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Rasmussen, P. C. & J. C. Anderton (2005): Birds of South Asia. The Ripley guide. Volume 2: attributes and status. Lynx Edicions. Barcelona. ISBN 978-84-9655-385-9.
- ↑ Kashmir Nutcracker. Nucifraga multipunctata en birdsoftheworld.org (en inglés). Consutada o 3 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nucifraga multipunctata |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nucifraga multipunctata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep; David Christie & Andrew Elliott, eds. (2009): Handbook of the Birds of the World. Volume 14. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-350-7, p. 611.
- Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List. Version 9.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 3 de decembro de 2021.
- Madge, S. (2009): "Spotted Nutcracker (Nucifraga caryocatactes). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E., eds. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
- Mayr, Ernst & Greenway, James C. Jr, eds. (1962): Check-list of birds of the world. Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology, p. 256.