Nucky Johnson
Nome orixinal | (en) Enoch L. Johnson ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1883 ![]() Galloway Township, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 9 de decembro de 1968 ![]() Atlantic City, Estados Unidos de América ![]() |
Sheriff of Atlantic County, New Jersey (en) ![]() | |
1908 – 1911 ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Atlantic City ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , rum-runner (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Mabel Jeffries |
![]() ![]() ![]() |
Enoch Lewis "Nucky" Johnson, nado en Galloway Township (Nova Jersey) o 20 de xaneiro de 1883 e finado en Northfield o 9 de decembro de 1968, foi un político e mafioso estadounidense de Atlantic City.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende a década de 1910 até o seu encarceramento en 1941 tras ser declarado culpable por evasión de impostos, foi o principal promotor do clientelismo político relacionado co Partido Republicano que controlaba a cidade e mais o goberno do condado. Utilizou a súa posición política, primeiro como shériff e logo como tesoureiro do condado en beneficio propio; o seu ascenso ao poder cadrou coa máxima popularidade para Atlantic City ao ser erixir nun oasis á marxe da prohibición de alcohol a partir da aprobación da chamada lei seca; a súa organización tamén estivo involucrada no contrabando, os casinos e a prostitución.
En 2010 Martin Scorsese e Terence Winter levaron á televisión unha versión ficticia deste home, Nucky Thompson, como protagonista da serie Broadwalk empire, baseada no libro homónimo do xuíz Nelson Johnson. A serie produciuna HBO. O actor que desenvolve o papel de Nucky Thompson/Johnson é Steve Buscemi.