Nueva Alianza
Aparencia
Nueva Alianza (NAL) é unha formación política independente do concello de Ares (A Coruña).
Xurdiu trala ruptura da práctica totalidade do grupo municipal do Partido Popular, que ostentaba a Alcaldía con maioría absoluta, en xaneiro de 2007. O día 16 dese mes os cinco edís que acompañaban ao alcalde, José Manuel Cendán, no grupo anunciaban o abandono da disciplina do PP e a creación dunha nova forza.
Luis Cendán, ata entón primeiro tenente de alcaldía e irmán xemelgo do rexedor, liderou a candidatura nas eleccións municipais de maio de 2007. Colleitou unha acta de concelleiro, que lle correspondeu a el mesmo, tras obter 317 votos (8,43% do total). Nas eleccións de 2015 mantivo o seu concelleiro con 278 votos (8,38% do total).