Nueva Galicia (1937)
Nueva Galicia | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1937 |
Primeira edición | 1937 |
Última edición | 1938 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nueva Galicia foi unha publicación periódica editada en Madrid, durante a guerra civil, como Portavoz de los Antifascistas Gallegos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 17 de maio de 1937, fundada por Santiago Álvarez e Rubén Gotay Montalvo, trasladouse a Barcelona e desapareceu en setembro de 1938. Pretendía aglutinar aos galegos antifascistas residentes na capital do estado. Fixo chamamentos para que os galegos se unisen e traballasen pola liberación de Galicia e pola creación do Frente Popular Antifascista Gallego. O seu director foi José Gómez Gayoso[1] e, máis tarde, Manuel Moure Gómez, e contou coa colaboración de Ramón Cabanillas, Eduardo Blanco Amor, Arturo Cuadrado, Ramón de Valenzuela ou Florencio Delgado entre outros. Castelao publicou en Nueva Galicia a segunda serie Verbas de chumbo[2], que no futuro constituiría a meirande parte do libro primeiro do Sempre en Galiza.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nueva Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, María del Carmen; et al. (2005). "Nueva Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.