Saltar ao contido

Nuhase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nuhase foi un principado da zona ao oeste do Éufrates, na rexión de Alepo.

Sobre o -1500 Nuhase era un reino vasalo de Mitanni. Na metade do século –XV o faraón Tuthmosis III foi á zona e chegou ata Karkemish. O rei de Nuhase tivo que se someter, pero sen dúbida a contra a súa vontade, porque despois da conquista exipcia de Qadesh, cando todo o mundo daba os parabéns ao faraón, Nuhase sublevouse e Tuthmosis tivo que volver á zona, acorar a revolta, e instalar como rei a Taku. Ao cabo duns catro anos, Nuhase volvía estar en rebelión.

Co tratado entre Mitanni e Exipto (século -XV) probabelmente este país foi repartido, e así, mentres un dos reis era vasalo de Exipto, o outro érao de Mitanni.

Cando o rei Suppiluliumas I fixo a súa primeira campaña a Siria sobre o -1340 o primeiro gran territorio que conquistou foi Nuhase (ou Nuhassi), que tiña dous reis coñecidos (Sarrupsi, independente ou vasalo hurrita, e Addu-Nirari, vasalo exipcio). Sarrupsi, probabelmente sublevárase contra Mitanni (talvez inicialmente pensando en Exipto como alternativa ou talvez en favor de Artatama II, rei hurrita do oriente). Pero xustamente entón Tushratta de Mitanni presentouse na zona co seu exército, que eludira dar batalla aos hititas en Washukanni e se repregara cara a Siria.

Sarrupsi viuse ameazado e considerou prudente declararse vasalo de Suppiluliumas, que estaba na fronteira. Suppiluliumas apoderouse de Nuhase (ou polo menos de parte) e expulsou a Tushratta das súas posesións.

Pero unha vez salvo, Sarrupsi separouse da alianza hitita, non se sabe porqué, e foi deposto polo rei hitita e a parte do reino que lle correspondía foi doada a un rei vasalo chamado Takip-Sarri, ata entón rei de Ukulzat, unha das cidades de Nuhase.

Suppiluliumas escribiu ao outro rei de Nuhase, Addu-Nirari e pediulle o sometemento. Addu-Nirari pediu axuda ao seu señor o faraón, e aliouse con Itur-Addu rei de Mukish (Alalakh) e Aki-Tesup rei de Niya, que eran vasalos exipcios. O rei hitita derrotounos e fíxoos prisioneiros e os seus dominios foron anexionados ao novo reino de Khalap. Probabelmente o principado de Nuhase-Ukalzat permaneceu como vasalo deste.