Numeral partitivo
Un numeral partitivo indica a división dun todo, por exemplo, medio pan.
Definición
[editar | editar a fonte]Un numeral pode ser cardinal, ordinal, múltiplo e partitivo. Un partitivo indica división dun todo en partes iguais: medio, terzo, cuarto etc.
Lista
[editar | editar a fonte]Os numerais partitivos posúen risco de xénero e número:
- medio/a
- terzo/a
- cuarto/a
- quinto/a
- sexto/a
- sétimo/a
- oitavo/a
- noveno/a
- décimo/a
- onceavo/a
- doceavo/a
- ...
- centésimo/a
- milésimo/a
- millonésimo/a
Os demais fanse coa terminación -avo, por exemplo, a vinte e tresava parte da cidade.
Metade non é un partitivo senón un substantivo.
Medio tamén pode significar o espazo no que se desenvolve un feito (por exemplo, A cidade é un medio hostil para os animais.) ou o recurso para conseguir un fin (por exemplo, O libro segue a ser un medio didáctico esencial.).
Advertencia de uso
[editar | editar a fonte]Non se confunda "onceavo/a", "doceavo/a" e demais partitivos terminados en -avo con "undécimo/a", "duodécimo/a" etc. que son ordinais. É inapropiado utilizar *onceavo xogador para referirnos ao xogador número once dun equipo, que sería o undécimo xogador ou o décimo primeiro xogador.
Función sintáctica
[editar | editar a fonte]Os partitivos poden ter función pronominal (cando suplen a un nome) ou adxectiva (cando o acompañan). Exemplos:
- Función pronominal:
Xa que che sobra pan, dáme medio.
- Función adxectiva:
Merquei media fogaza.
Cando ten función adxectiva, algúns autores denomínano determinante.
Uso matemático
[editar | editar a fonte]Os partitivos úsanse para designar o denominador do que chamamos quebrado ou fracción en Matemáticas, é dicir, o número que se coloca abaixo en ¾ (tres cuartos) ou ½ (un medio). As fraccións tamén poden ter función pronominal ou adxectiva. Neste último caso, concordan co nome que acompañan, por exemplo, tres cuartas partes do camiño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Documentos de referencia da Real Academia Galega: