Nuria Vilán Prado
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1993 ![]() Santo André de Comesaña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa ![]() |
Pseudónimo literario | Nuria Vil ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Nuria Vilán Prado, coñecida como Nuria Vil, nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, é unha poeta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse en estudos de lingua e literatura nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel. Traballa como creadora de contidos na canle Coidado coa cadela e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon. Colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba e coa marca de roupa ourensá Salsa Gaucha, que traballa pezas téxtiles a partir de poemas e versos.
Obras[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023).[3]