Morcego rubio
Morcego rubio | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Nyctalus noctula Schreber, 1774 | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O morcego rubio (Nyctalus noctula) é unha especie de quiróptero da familia Vespertilionidae amplamente espallado por Asia, Europa e parte de África.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un morcego de tamaño grande, con orellas grandes e redondeadas. Ten o fociño curto e ancho e as ás, longas e estreitas insírense nos nocellos. O pelame é de cor rubia, coas ás, orellas e fociño de cor castaña escura.
Mide entre 48 e 58 milímetros cun peso entre os 18 e 40 gramos, a súa fórmula dentaria é .
Emite dous tipos de ultrasóns uns comezan en 45 kHz e rematan a 25 khz e outros de maior duración de 25 kHz a 19 kHz. Ademais emite sons moi variables, de carácter social, en voo ou dende refuxio, que poden ser escoitados, polo oído humano, a máis de 50 metros.
Distribución
[editar | editar a fonte]Ocupa unha ampla superficie de Eurasia, dende o norte de África, a Península Ibérica, Irlanda e o sur de Escandinavia, até China, Formosa e Vietnam. Esta especie é moi rara na Península Ibérica, téndose citado nuns poucos lugares, principalmente da metade setentrional, entre eles, Galicia.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É un morcego forestal, adoitase refuxiar en ocos de árbores, aínda que é posible achalo en caixas refuxio ou en fendas de muros, edificios e pontes, sempre preto de cursos de auga. Os únicos refuxios coñecidos en España sitúanse en parques. Esta especie foi estudada en Navarra, de onde proveñen a maioría dos datos actuais. Comprobouse que un grupo de machos aséntase nesta rexión de forma sedentaria, mentres que as femias non chegan até pasada a época de cría. A final de agosto e en setembro chegan numerosas femias migradoras, que probablemente proceden do centro e norte de Europa. No outono fórmanse as colonias e prodúcense os apareamentos. Sábese que tamén pasan o inverno na Península, migrando no outono, cara a latitudes maiores.
Ameazas
[editar | editar a fonte]A perdida de refuxios pola curta de árbores e en menor medida, o recheo de fendas semella ser a maior ameaza para esta especie. En España, a grafiose dos olmos supuxo a talla de moitas árbores vellas, lugares axeitados para buscar refuxios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego rubio |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morcego rubio |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- (en inglés) "Nyctalus noctula" en Wilson, D. E. & Reeder, D. , eds.(2005). Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 17 de xuño de 2009.
- (en castelán) "Nyctalus noctula"en Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente. Arquivo en pdf. Visto o 17 de xuño de 2009.