Oímbra, Oímbra
Oímbra | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Oímbra. | |
Concello | Oímbra[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°53′08″N 7°28′21″O / 41.88544151, -7.47258221 |
Poboación | 644 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Oímbra é unha parroquia do concello de Oímbra, na comarca de Verín, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 631 habitantes (322 homes e 309 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 682 habitantes. Limita cos concellos de Verín e Monterrei e con Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]Até 1868 pertenceu a Oímbra a parte galega de Cambedo, lugar que era considerado un dos tres pobos promiscuos por estar situado na mesma fronteira, entre Galiza e Portugal. Ese ano, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, a parte galega foi anexada a Portugal, á freguesía de Vilarelho da Raia.[2][3] Eclesiasticamente seguiu a pertencer á freguesía e por tanto á diocese de Ourense. Así, en 1914 dependían do párroco de Oímbra unhas 20 familias portuguesas. Porén, coa entrada de Portugal en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, Cambedo acabou sendo incorporado tamén á arquidiocese de Braga o 27 de novembro de 1914.[4]
Economía
[editar | editar a fonte]É coñecida a súa agricultura polos produtos da horta (de xeito especial o pemento de Oímbra) e o viño acollido á denominación de Orixe Monterrei.
Festas
[editar | editar a fonte]Ten un fondo arraigo o entroido que se celebra de forma enxebre con costumes propios (formigas, percorrido polas adegas e os coñecidos fachucos de palla). As festas patronais celébranse na honra de Santa Ana (26 de xullo)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Canzorros da igrexa de Santa María de Oímbra.
-
Estela funeraria romana do s. I d.C atopada no Rosal, exposta no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Oímbra
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Oímbra no concello de Oímbra (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Oímbra
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Madoz, Pascual (1849). Oimbra (Sta. Maria). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XII (Madrid). p. 220.
- ↑ García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016.
- ↑ Hernández Figueiredo, José Ramón (2014). "Apuntes sobre la geografía eclesiástica de Ourense: Tourém, Lama de Arcos, «Couto Mixto» y «Pueblos promiscuos»". Cuadernos de Estudios Gallegos, LXI (en castelán) (127): 231–240. ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2014.127.07.