Optical Calibration Sphere
Optical Calibration Sphere / OCS / OCSE / Inflatable Optical Sphere System / IOSS | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos[1] |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 27 de xaneiro de 2000, 3:03 GMT[2][3][4] |
Foguete portador | Minotaur 1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][5][6] |
Obxectivo da misión | Calibración de láseres en terra.[3][6] |
Decaemento | 5 de marzo de 2001[2] |
NSSDC ID | 2000-004B |
Masa | 22 kg[1] |
Dimensións | 3,5 m de diámetro[1] |
Optical Calibration Sphere, tamén coñecido como Optical Calibration Sphere Experiment e polo seu acrónimo OCSE, así como por IOSS (Inflatable Optical Sphere System) foi un satélite artificial dos estadounidense lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea. O seu obxectivo principal foi servir de obxectivo de calibración para os láseres en terra das instalacións de investigación Starfire da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]OCSE consistía nunha esfera inflable de 3,5 m de diámetro desplegada a partir dun contedor de 0,48 m de longo e 0,41 m de diámetro que foi exectado desde a plataforma JAWSAT. Aos 42 segundos tras a exección dende JAWSAT, o contedor abriu a súa tapa, e 10 segundos máis tarde comezou o inflado da esfera, á que permaneceu acoplada durante o resto da misión. O conxunto tiña unha masa de 22 kg e a esfera estaba formada por unha película de kapton e aluminio reflectante que facía que, desde terra, a súa magnitude aparente fose de +5.[1][3][4][5]
OCSE reentrou na atmosfera o 5 de marzo de 2001, algo máis dun ano despois de ser lanzada.[1][2][3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "OCSE (IOSS)" (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OCS" (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "OCS" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-84590). 28 de xuño de 19965: 19. Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 Claude Lafleur (2010). "OCS / OCSE" (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "OCSE" (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2015.