Partido Democrático Cívico
Občanská demokratická strana (ODS) | |
---|---|
Partido Democrático Cívico | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Petr Fiala |
Mocidades | Mladí konzervativci |
Filiación internacional | Unión Internacional Demócrata |
Historia | |
Fundación | 21 de abril de 1991 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Conservadorismo Conservadorismo liberal[1] Liberalismo económico[1] Conservadorismo nacionalista[1] Euroescepticismo moderado[2] |
Representación | |
Representación | 16 deputados no Parlamento da República Checa 15 senadores no Senado da República Checa 2 eurodeputados 102 concelleiros rexionais 5.181 concelleiros |
Outros datos | |
Sede | Doudlebská 1699/5, Praga |
Na rede | |
www.ods.cz | |
O Občanská demokratická strana ou ODS (en galego Partido Democrático Cívico), é un partido político checo de tendencia conservadora, sendo o principal partido desta tendencia política na República Checa. Está afiliado á Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e a nivel europeo á Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos e afirma ter ideas semellantes ás do británico Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico), o polonés Platforma Obywatelska (Plataforma Cívica) e o español Partido Popular.
Historia
[editar | editar a fonte]O partido foi fundo o 21 de abril de 1991 trala división do Občanské fórum (Foro Cívico) por Václav Klaus, e dende 2002 foi liderada por Mirek Topolánek. Foi o partido dominador en dous gobernos de coalición na República Checa entre 1992 e 1997. Tamén formou parte do goberno do do Česká strana sociálně demokratická (Partido Socialdemócrata Checo) entre 1998 e 2002 baixo os termos dun pacto formal por escrito entre os dous partidos, o "Acordo de Oposición" (ampliado máis tarde cun novo acordo, denominado "Patente de Tolerancia").
Nas eleccións parlamentarias de 2002, pasou a ser o segundo partido da cámara, con 58 de 200 escanos, e por primeira vez na súa historia pasou a asumir o papel de oposición. O actual presidente checo, Václav Klaus, foi o presidente honorario do partido ata aquela. Nas eleccións ao Parlamento Europeo en xuño de 2004, e nas eleccións ao Senado e ás asembleas rexionais celebradas en novembro dese mesmo ano, o ODS recibiu máis do 30 % dos votos.
Nas eleccións parlamentarias de 2006 foi novamente o partido máis votado, conseguindo 81 escanos na cámara. Formou un goberno de coalición co Křesťanská a demokratická unie – Československá strana lidová (Partido Demócrata Cristián) e o Strana zelených (Partido Verde). O partido sufriu un forte retroceso nas eleccións rexionais e ao Senado, perdendo os 12 gobernadores rexionais que posuía
En xullo de 2006 o ODS asinou un acordo co Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico) para abandonar o Partido Popular Europeo e formar unha nova formación de centro-dereita denominada Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos en 2009.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]- Eleccións lexislativas checas de 1992: (en coalición co KDU-CSL 29,7 %) - 66 escanos
- Eleccións ao Parlamento Checo 1996: 29.6 % - 68 escanos
- 1996 Senado: 29 escanos
- Eleccións ao Parlamento Checo 1998: 27.8 % - 63 escanos
- 1998 Senado: 9 escanos
- 2000 Senado: 8 escanos
- Eleccións ao Parlamento Checo 2002: 25.4 % - 58 escanos
- 2002 Senado: 9 escanos
- 2004 Senado: 18 escanos
- Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 30 % - 9 escanos
- Eleccións ao Parlamento Checo 2006: 35.4 % - 81 escanos
- 2006 Senado: 14 escanos
- 2008 Senado: 3 escanos
- Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 31.5 % - 9 escanos
- Eleccións ao Parlamento Checo 2010: 20.2 % - 53 escanos
- 2012 Senado: 15 escanos
- Eleccións ao Parlamento Checo 2013: 7.7 % - 16 escanos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Nagle, John D.; Mahr, Alison (1999). Democracy and Democratization: Post-Communist Europe in Comparative Perspective. SAGE. p. 188.
- ↑ "Czech Republic". parties-and-elections.de.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 29 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en checo)