Saltar ao contido

O Cadramón, O Valadouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Cadramón»)
O Cadramón
Capela de Santa Filomena do Cadramón.
ConcelloO Valadouro[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°29′35″N 7°31′42″O / 43.493, -7.5283
Poboación137 hab. (2017)
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xurxo do Cadramón é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 197 habitantes, deles 94 eran homes e 103 eran mulleres.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Fervenza do Escouridal
Fervenza do Escouridal
  • Os Círculos das Pedragosas, dous círculos concéntricos de pedras amoreadas, non chantadas, cubertos de brañas, aínda que perfectamente visíbeis.[2]
  • A capela de Santa Filomena do Cadramón, tamén coñecida como a Santiña das Neves Perpetuas, da que só se conserva o que foi presbiterio-ábsida, foi edificada entre os séculos IX e X.[3]
  • Tesouro do Cadramón: na década de 1970 apareceu na contorna do Cadramón este conxunto de moedas romanas, depositado logo no Museo Provincial de Lugo.[4][5][6]

No límite coa parroquia do Pereiro (Alfoz), fórmase a fervenza do Escouridal sobre o río Ouro.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Cadramón

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Cadramón no concello do Valadouro (Lugo)

A Abelleira | O Albardo | Andamil | A Balsa | Bustomeao | O Campo | As Cancelas | Chocha | Cortegaza | Corvelle | O Esteleiro | Ferrocente | As Folgueiras | A Fonte da Vila | A Liñarega | O Loureiro | A Muxueira | Pereira | O Porto do Río | Rego Cavado | As Rozadas | O Tituelo | As Veigas

Parroquias do Valadouro

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Valadouro

Budián (Santa Eulalia) | O Cadramón (San Xurxo) | Ferreira (Santa María) | Frexulfe (Santa Eulalia) | A Laxe (San Xoán) | Moucide (Santo Estevo) | Recaré (San Xiao) | San Tomé de Recaré (San Tomé) | Santa Cruz do Valadouro (Santa Cruz) | Vilacampa (Santa María)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Círculo lítico das Pedragosas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. Capela de Santa Filomena na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  4. Arias Vilas, F. (1979). “Noticia dun tesouriño de moedas romanas no Cadramón (O Valadouro, Lugo)”. En Revista Gallaecia. Nº 5. Páxinas 325-327.
  5. "Tesouriño do Cadramón (O Valadouro, Lugo)". Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Páxina 51.
  6. "B.3.- San Xurxo do Cadramón (Valadouro)". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxina 772. ISBN 978-84-89157-85-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]