O Crime do Padre Amaro
O Crime do Padre Amaro | |
---|---|
Título orixinal | O Crime do Padre Amaro |
Autor/a | José Maria Eça de Queirós |
Orixe | Portugal |
Lingua | lingua portuguesa |
Data de pub. | 1875 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Crime do Padre Amaro é unha das obras do escritor portugués Eça de Queirós máis difundidas por todo o mundo. Trátase dunha obra polémica, que causou protestas da Igrexa católica, cando foi publicada en 1875, en Portugal. é considerada un documento humano e social do país e da súa época e tamén a primeira realización artística do realismo portugués. Eça de Queirós aproveitou a súa condición de administrador do concello de Leiria para, durante seis meses, coñecer e estudar o que sería o escenario da súa obra.
Argumento
[editar | editar a fonte]Trata do romance entre Amaro e a nova rapariga Amélia, que xorde nun ambiente no que o propio papel da relixión está sometido a discusión e a moralidade de cada un é posta a proba. Namentres a tráxica historia de amor se desenvolve, personaxes secundarios manteñen instigadores debates sobre o papel da fe.