Saltar ao contido

O Gran Suxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Gran Suxi
FormatoAnimación, aventura, shōnen
Creado porDaisuke Terasawa
Dirixido porYasuhiro Imagawa
País de orixe Xapón
Episodios99
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Sunrise
Duración25' (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeTV Tōkyō
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio8 de outubro de 1987
Derradeiro episodio
28 de setembro de 1989
editar datos en Wikidata ]

O Gran Suxi (ミスター味っ子, Misutā Ajikko) é un anime baseado nun manga de Daisuke Terasawa que se publicou na revista Shonen Magazine e que se recompilou en 19 tomos. A serie de televisión foi emitida orixinalmente entre 1987 e 1989 no Xapón, e contaría cun total de 99 episodios. En Galiza foi emitida a partir de 1994 na TVG dentro do contedor Xabarín Club. O 11 de outubro de 2010, reestrease a serie na canla tvG2 dentro tamén no devandito programa.

A historia xira ó redor de Suxi (Yôichi Ajiyoshi, na versión orixinal), un rapaz que ten un don para a cociña e que, xunto á súa nai, rexenta un pequeno restaurante. A tranquila vida de Suxi dá un xiro inesperado cando un dos críticos culinarios máis prestixiosos do Xapón, Aji-ô, fica pampo e marabillado tras probar un prato de katsudón (un porco rebozado con ovo sobre unha base de arroz) que lle prepara o pequeno cociñeiro.

A historia gañou o premio ao mellor Shōnen na edición de 1988 dos Premios Kōdansha.

Suxi vive só coa súa nai nun restaurante desde que o seu pai desapareceu no mar. Suxi prosegue os pasos do seu pai, un gran cociñeiro, entón, pasa a se-lo cociñeiro do restaurante. Para defendelo fronte á competencia, terá que lograr gañar concursos entre restaurantes e á vez pasmar a Aji-ô, un prestixioso crítico culinario. A partir dese intre, Suxi irá a través do país para defender os valores dos pequenos restaurantes e doutros grandes cociñeiros. Asemade, continuará a súa viaxe culinaria co coitelo dunha famosa fabricante.

Despois dunha vitoria e a ledicia de ter obtido o seu propósito, Suxi comeza un nova viaxe.

Voz xaponesa / Voz galega / Personaxe orixinal / galego

  • Minami Takayama / Carolina Vázquez / Youichi Ajiyoshi / Suxi
  • Hôchû Ôtsuka / ? / Takao Ajiyoshi
  • Kiyoshi Kobayashi / ? / Genichiro Murata
  • Yuzuru Fujimoto / ? / Aji-ô / Rei da gastronomía
  • Shôzô Îzuka / Miguel Pernas / Chef Marui / Mario
  • Ai Orikasa / Chema Gagino / Maurice

Capítulos

[editar | editar a fonte]
  1. O rei da gastronomía
  2. Os espaguetis do cociñeiro
  3. O día do concurso
  4. Kazuma, o xenio da salsa
  5. Unha misteriosa piña tropical
  6. Unha sopa excelente
  7. Unha vitoria ben merecida
  8. Mil astucias pra cociñar ben unha carne
  9. Preparado pra o concurso
  10. O gratinado de sardiña
  11. A hamburguesa salvadora
  12. Un encontro de alto nivel
  13. Concursando por unha caseta
  14. A traizón dos xurado
  15. A caixa das comidas preparadas
  16. O último invento de Suxi
  17. Suflé de sardiñas
  18. Paixón polo chocolate
  19. O gran Suxi contra o robot
  20. As aspiracións de Xiba
  21. O gran concurso
  22. Os finalistas
  23. Catro concursantes detrás do gran premio
  24. Preparando a gran final
  25. A gran final
  26. En busca de Kazuma
  27. Suxi e Kazuma forman equipo
  28. Un equipo marabilloso
  29. Os legumes tamén cantan
  30. O canto da natureza
  31. Servicio rápido
  32. O arco da vella
  33. Listo pra o desafío
  34. O sabor recuperado
  35. Cinco contra un
  36. A merenda infantil
  37. A primeira derrota de Suxi
  38. A páxina da historia
  39. Un fabuloso coitelo de cociña
  40. As anguías do cociñeiro
  41. A verbena
  42. Suxi derrota o campión do mundo
  43. O rei do mar
  44. Os segredos do mar
  45. A proba de supervivencia
  46. Camiñada pola montaña
  47. A decisión final
  48. A placa douro da gastronomía
  49. A despedida de Mario
  50. Un postre moi ben presentado
  51. Un ingrediente misterioso
  52. Segredo de cociñeiro
  53. O gran Suxi en Hong Kong
  54. Desafío en Hong Kong
  55. A illa sagrada
  56. O traidor
  57. O templo da gran tradición
  58. As trinta e cinco células
  59. O pazo en perigo
  60. Facer trampas non é xogar
  61. Os tallaríns de Muramasa
  62. Suxi contra Muramasa
  63. Un primeiro de Xaneiro en familia
  64. Un desafío moi especial
  65. En busca do Diablo do Norte
  66. Suxi contra Sekiba no festival do xeo
  67. Desafío no super tren Alex II
  68. O segundo desafío
  69. Yuta e o club de futuros cociñeiros
  70. Os futuros cociñeiros retan o Gran Suxi
  71. Reparto a domicilio
  72. O profesor do monóculo
  73. A carta de Mario
  74. As confesións
  75. O derradeiro desafío
  76. A festa da primavera
  77. Na busca de Ajio
  78. Suxi e Kazuma contra Kampei e Okara
  79. Desafío da Asociación de Gastrónomos Unidos na clase floral do segundo grao
  80. Suxi contra as fillas dos Sete Coitelos
  81. Desafío do mollo picante, o contraataque de Camón e Mori
  82. O arroz con carne picante estilo alemán de Suxi e Kazuma
  83. Desafío co Vento do Gusto
  84. Desafío con entrega: Alude con udón especial
  85. Ocorreu algo terrible... o señor Tareme vai camiño do altar
  86. Desafío de croquetas orixinais nun barco de pasaxeiros precioso
  87. Desafío de gusto nun restaurante establecido hai moito tempo
  88. Desafío de coxotes de polo á grella con vitoria polo mollo especial
  89. Restaurante Amencer á tarde
  90. Mitsuko, Cricket e o xeado
  91. Desafío de xeados durante a canícula
  92. O home máis irresponsable do Xapón
  93. O home irresponsable contra o afecto de Otomi
  94. Ikiro é desafiado outra vez
  95. O desafío máis importante da vida de Suxi
  96. Espertemo-la memoria de Ajio
  97. Os segredos de Kazuma
  98. Na procura do gusto supremo
  99. Gracias, señor Ajiyoshi

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]