O Mustallar
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Provincia de Lugo, España e provincia de León, España | |||
| ||||
Cordilleira | Serra dos Ancares | |||
Características | ||||
Altitude | 1.935 m | |||
O Mustallar[1] ou El Mostallar[2] é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo. É o punto a máis altitude da provincia de Lugo.
Ascensión
[editar | editar a fonte]A subida ao pico pódese realizar de xeito relativamente sinxelo desde o porto dos Ancares (pasando previamente polos cumes dos picos Cuíña e Penalonga), desde a aldea de Burbia (A Veiga de Espiñareda, León) ou desde a aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo).
En tódolos casos, os camiños acaban uníndose no alto de Golada de Porto, desde o cal en poucos metros coróase o cume da montaña ascendendo polo seu noroeste, cunha considerable pendente pero sen demasiada dificultade para unha persoa adulta. No cume hai un pequeno cartel e unha caixa do correo na cal os viaxeiros deixan as súas notas.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Os Ancares e O Mustallar.
-
Vista do val do río Burbia desde O Mustallar.
-
Cume.
-
Ruta de ascensión ao pico nun día nevado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Mapa do IGN 1/25.000.