O Sisto
O Sisto | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santa María no lugar do Vilariño. | |
Diocese: | Mondoñedo-Ferrol |
Arciprestado: | Viveiro |
Área: | - km² |
Poboación: | 56 hab. (2014) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 20 |
Santa María do Sisto é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Viveiro da diocese de Mondoñedo-Ferrol, cuxo territorio se estende polos concellos de Ourol e Muras. No ano 2014 tiña 56 habitantes (49 en Ourol e 7 en Muras), dos cales 24 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2007.
Dos 20 lugares da parroquia, 17 están no concello de Ourol (Cabanas, Os Campos, O Cargadoiro, A Carreira, O Carrusco, Cebrán, A Cernada, O Coto da Rega, O Couce de Paredes, Lombao, Nogueira, O Pé da Veiga, As Pereiras, A Rega, Silvoso, O Sisto e O Vilariño) e 3 no concello de Muras (Os Casás, Muruás e Piocorto).
Historia
[editar | editar a fonte]A parroquia foi creada en 1895 con lugares de Muras, Ourol e San Pantaleón de Cabanas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sisto, O, Santa María". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 13 de decembro de 2020.