Saltar ao contido

O agasallo de Anya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O agasallo de Anya
Título orixinalO agasallo de Anya
Autor/aSabela Núñez Singala
Ilustrador/aXosé Tomás
OrixeGalicia
Linguagalego
ColecciónÁrbore
Xénero(s)infantil e xuvenil
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2016
Formatotapa branda, de peto
Páxinas116
editar datos en Wikidata ]

O agasallo de Anya [1] é unha novela da autora, profesora e activista solidaria Sabela Núñez Singala especialmente dirixida ao público infantil e xuvenil.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

As protagonistas, Anya e Xiana, teñen once anos. Iciar é a profesora de ambas. Sasha é o irmán de Anya e Uxía a mellor amiga de Xiana. Entre as personaxes secundarias están a nai de Anya e os pais e o irmán de Xiana.

Dúas nenas da mesma idade teñen dúas historias persoais moi diferentes[2]; Xiana vive en Galicia, Anya en Ucraína. Tamén teñan outras cousas en común: as dúas contan a súa vida a través dun diario. Xiana válese dun blog que escribe mediante unha tableta de último modelo. Anya faino nun caderno. Anya vive nunha casa-escola, lonxe de súa nai e do seu irmán Sasha. Xiana pasa os días confortablemente coa súa familia.

A profesora de Anya, Iciar, ten que abandonar a casa-escola porque o Estado non a dota de fondos suficientes. Ao volver a Galicia, o azar lévaa a traballar como profesora no colexio onde estuda Xiana. Iciar cóntalle ao alumnado as súas vivencias en Ucraína e despois cóntalle as condicións de vida das nenas e nenos que están alí. Todas estas historias, en principio, aburren un pouco a Xiana. Pero un día ponse a pensar e dáse de conta de que ela ten moitas cousas en abundancia e os nenos dos que fala Iciar, en cambio, carecen de varias delas.

Iciar tiña preparada unha viaxe a Ucraína para atoparse de novo co alumnado que deixara alí. Xiana decide, aproveitando a ocasión, entregarlle varias cousas que lle sobran. A súa familia e a súa mellor amiga, Uxía, únense á iniciativa. Xiana ten a idea de celebrar un festival solidario para conseguir diñeiro e contribuír ás necesidades que encontrará Iciar en Ucraína. Como o pai de Xiana está traballando cunha persoa desa nacionalidade, pregúntalle que medicamentos poden ser máis necesarios alí.

Finalmente a iniciativa solidaria logra non só enviar unha chea de cousas, senón contribuír a que Anya e o seu irmán deixen a casa-escola e poidan ir para casa e unirse de novo á súa nai.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Arredor d´O agasallo de Anya celebráronse numerosas representacións teatrais[3][4][5][6]. O libro, co que a autora se estreou no ámbito da literatura, xorde dunha iniciativa solidaria chamada “Mochilinhas de cores”[7].

  1. "O agasallo de Anya". oagasallodeanya.blogspot.com. Consultado o 2019-05-19. 
  2. "O agasallo de Anya". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19. 
  3. "Teatro: O AGASALLO DE ANYA". Viva Lugo (en castelán). Consultado o 2019-05-19. 
  4. "TEATRO-MARIONETAS: O AGASALLO DE ANYA". www.concellodemeira.com. Consultado o 2019-05-19. [Ligazón morta]
  5. "O agasallo de Anya, Teatro en A Coruña – Ocio en La Opinión A Coruña". ocio.laopinioncoruna.es. Consultado o 2019-05-19. 
  6. "O agasallo de Anya-Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2019-05-19. 
  7. "Mochilinhas de cores". mochilinhasdecores.blogspot.com. Consultado o 2019-05-19.