O bebedor de asente
Aparencia
Le Buveur d'absinthe | |
---|---|
Artista | Édouard Manet |
Data | 1856 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 180,5 cm × 105,6 cm |
Localización | Ny Carlsberg Glyptotek |
O bebedor de asente, no orixinal francés Le Buveur d'absinthe, é unha tea realizada polo pintor Édouard Manet en 1856. Constitúe a primeira obra orixinal do artista, realizada na súa xuventude. O estilo claramente realista e prosaico do lenzo simboliza unha verdadeira ruptura coa formación recibida polo seu antigo mestre, Thomas Couture. Así mesmo, a obra posúe unha forte influencia da pintura do español, Diego Velázquez e o seu Ménippe.