O caranguexeiro
O caranguexeiro | |
---|---|
Título orixinal | Kani Kōsen 蟹工船 |
Autor/a | Takiji Kobayashi |
Orixe | Xapón |
Lingua | xaponés |
Colección | Colección principal |
Xénero(s) | Marítima |
Editorial | Senki Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1929 xullo de 2020 |
Formato | rústico con lapelas |
Páxinas | 120 |
ISBN | 978-84-121280-4-8 |
Tradución | Gabriel Álvarez Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] |
O caranguexeiro (蟹工船 "Kani Kōsen"?) é unha novela de 1929 escrita polo autor xaponés Takiji Kobayashi[1].
Orixe
[editar | editar a fonte]A pesca no mar de Okhotsk principiara a comezos do século XX. Foi considerada unha industria estratéxica, protexida pola armada imperial xaponesa[2]. Axiña comezarían os primeiros conflitos con Rusia e posteriormente coa Unión Soviética. Tras unha exhaustiva investigación, Takiji Kobayashi describiu a vida e traballo dos pescadores en condicións de semiescravitude e o maltrato físico e psicolóxico ó que eran sometidos[2] a bordo do barco Hakuko Maru.
Publicación
[editar | editar a fonte]Publicouse orixinalmente de forma serializada entre maio e xuño de 1929 na revista de literatura comunista Senki.[3] En setembro dese mesmo ano, publicouse en formato de libro Senki Company.[4] O libro foi prohibido polos censores do goberno,[5] mais non antes de ter vendido uns 15 000 exemplares.[5]
Foi traducida ao galego por Gabriel Álvarez Martínez[6] e publicada en xullo de 2020 por Editorial Hugin e Munin.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]No ano 1953, foi levada ó cine polo director Sō Yamamura. No 2008, debido ó contexto de crise económica e precariedade laboral, unha reedición da novela acadou un gran suceso de vendas no Xapón[6]. Isto provocou a adaptación da novela ó manga, a varias adaptacións teatrais e a un remake de película orixinal do 1953[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keene 1998, p. 617; World Encyclopedia 1998; [[#CITEREF|]].
- ↑ 2,0 2,1 Kobayashi, Takiji (Xuño de 2021). Kanikosen. Traducido por Yoko Ogihara e Fernando Cordobés e Ilustrado por Go Fujio (1ª ed.). Gallo Nero. ISBN 978-84-941087-7-8.
- ↑ Keene 1998, p. 618; World Encyclopedia 1998.
- ↑ World Encyclopedia 1998.
- ↑ 5,0 5,1 Keene 1998, p. 618.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Editorial Hugin e Munin (ed.). "O caranguexeiro - Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Keene, Donald (1998) [1984]. A History of Japanese Literature, Vol. 3: Dawn to the West – Japanese Literature of the Modern Era (Fiction) (paperback ed.). Nova York, NY: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11435-6.
- "Kani Kōsen" 蟹工船. World Encyclopedia (en japanese). Heibonsha. 1998. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 2017-11-23.