O carteiro de Bagdad
O carteiro de Bagdad | |
---|---|
Título orixinal | O carteiro de Bagdad |
Autor/a | Marcos Calveiro |
Ilustrador/a | Miguel Ángel Díez |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Tambre |
Data de pub. | 2007 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 138 |
ISBN | ISBN 978-84-96772-66-3 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
O carteiro de Bagdad é unha novela do escritor Marcos Calveiro, publicada por primeira vez no ano 2007 por Edicións Tambre. Recibiu o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil[1] nese mesmo ano, e o Premio White Ravens[2] no 2008. Consta de doce capítulos.
A historia deste libro transcorre no seo dunha familia do barrio de Karrada, en Bagdad. Atópanse sumidos na guerra, a pobreza e o medo, enfróntandose sunitas e chiítas e provocando o desastre. A novela é tamén un retrato da realidade desta cidade e das diferenzas étnico-relixiosas do país que se remontan á primeira guerra mundial.
Personaxes principais
[editar | editar a fonte]- Abdulwahid (o neno)
- Ibrahim (o pai)
- Fatiha (a nai)
- Ahmed (o amigo)
Trama
[editar | editar a fonte]A historia transcorre no barrio de Karrada, en Bagdad, a antiga cidade máis grande da Terra ou Cidade da Paz. Atópase en guerra, e móstrase toda a pobreza e o medo ao que están expostos os habitantes. A cidade resiste baixo as bombas, os comercios están tapiados, os colexios non funcionan e os nenos xogan nas súas casas. O país recibe ameazas externas dos Estados Unidos e a coalición de países que atacan a Iraq, e mostra os enfrontamentos entre sunitas e chiítas.
O protagonista da historia é Abdulwahid, un neno de once anos chamado igual que o levantador de pesas do seu país, recordado por todos por conseguir unha medalla de bronce nas olimpíadas, sendo o único na historia de Iraq; un feito inesquecible. Pertence a unha familia sunita, e non entende porque non pode xogar co seu amigo Ahmed, de familia chiíta. O seu pai é carteiro e todos os días vai traballar na súa motocicleta con esperanza, convencido da importancia de levar noticias ás familias castigadas pola dor de non saber o destino dos seus familiares. No seu peto leva unha carta que se propón entregar, custe o que custe.
Ao longo do libro, o carteiro cóntalle ao seu fillo historias, noticias, mitos e anécdotas de todo tipo.[3]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao castelán por Ignacio Chao co título de El cartero de Bagdad, publicado en 2007 por Editorial Edelvives, colección Ala Delta.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O galego Marcos S. Calveiro recibe en Madrid o XVIII Premio Ala Delta". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019.
- ↑ "Entrevista a Marcos Calveiro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2019.
- ↑ "Informe de literatura" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019.
- ↑ "El cartero de Bagdad". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Calveiro, M. (2010). O carteiro de Bagdad. Ilust. Miguel Ángel Díez. Vigo: Tambre, col. Ala Delta, núm. 21.