O ente
O ente | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Entity |
Director | Sidney J. Furie |
Produtor | Harold Schneider |
Guión | Frank De Felitta |
Baseado en | O ente, novela de Frank De Felitta |
Intérpretes | Barbara Hershey, Ron Silver, David Labiosa, Margaret Blye |
Música | Charles Bernstein |
Fotografía | Stephen H. Burum |
Montaxe | Frank J. Urioste |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 125 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terrorsuspense |
Orzamento | 9.000.000 $ |
Recadación | 13.277.558 $ |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O ente (en versión orixinal inglesa: The Entity) é un filme de terror estadounidense do ano 1982, dirixida por Sidney J. Furie e protagonizada por Barbara Hershey, quen interpretou a Carla Moran, unha muller californiana que era aterrada por un ente invisíbel.
Estreouse en galego na TVG o 11 de novembro de 2001.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme trata do pesadelo de Carla Moran (Barbara Hershey), unha nai solteira con tres fillos atemorizada por unha entidade sobrenatural que a viola e bate nela múltiples veces. A muller recibirá a axuda de investigadores do paranormal, que conseguirán capturar o espírito.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Barbara Hershey como Carla Moran
- Ron Silver como Dr. Sneiderman
- David Labiosa como Billy Moran
- George Coe como Dr. Weber
- Margaret Blye como Cindy Nash
- Jacqueline Brookes como Dr. Cooley
- Michael Alldredge como George Nash
- Alex Rocco como Jerry Anderson
- Allan Rich como Dr. Walcott
- Richard Brestoff como Gene Kraft
- Raymond Singer como Joe Mehan
- Natasha Ryan como Julie
- Melanie Gaffin como Kim
Feitos reais
[editar | editar a fonte]Presuntamente, o filme está baseado na vida de Doris Bither, pseudónimo da verdadeira Carla Moran, quen asegurou que aínda era agredida por un ser invisible, aínda que con menos frecuencia e intensidade que nos primeiros anos, posteriormente á estrea da película. Tras mudarse a Texas coa súa familia despois de ser investigada por un experto equipo de parapsicólogos e científicos, os ataques foron remitindo ata desaparecer completamente ao cabo de catro anos de mudarse. Tras ser diagnosticada de cancro polo Dr. Taff (Sneiderman na película), Doris morreu o 25 de xullo de 2006.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio | Categoría | Suxeito | Resultado |
---|---|---|---|
Premios do Festival do Filme Fantástico de Avoriaz | Mellor actriz | Barbara Hershey | |
Premios Saturn | Mellor música | Charles Bernstein |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O ente na TVG". Diario Siglo XXI. 15 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2013.