O ganso salvaxe
O ganso salvaxe | |
---|---|
Título orixinal | Gan 雁 |
Autor/a | Mori Ōgai |
Orixe | Xapón |
Lingua | Xaponés |
Xénero(s) | Novela |
Data de pub. | 1911-1913 |
Primeira edición galega | |
Tradución | Gabriel Álvarez Martínez |
Editorial | Irmás Cartoné |
Data de pub. | 2021 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
O ganso salvaxe (xaponés: gan 雁) é unha novela clásica de Mori Ōgai, publicada orixinalmente de forma serializada entre o 1911 e o 1913.[1] Conta a historia dun amor non correspondido no Toquio do 1880, en plena occidentalización do Xapón.[1] A obra contén comentarios sobre os cambios sociais acontecidos entre os períodos Edo e Meiji, incluíndo os dilemas e frustracións das mulleres.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Suezo é un prestamista canso da súa esposa. Otama, a única filla dun comerciante viúvo, convértese na amante de Suezo para axudar economicamente ao pai. Cando Otama descobre que está casado, séntese traizoada. Entón, coñece a Okada, un estudante de medicina do que se namora.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]A novela foi adaptada nunha película homónima do 1953 dirixida por Shirō Toyoda, na que actuou Hideko Takamine.[2]
Traducións
[editar | editar a fonte]- O ganso salvaxe (2021). Tradución directa ao galego de Gabriel Álvarez Martínez. Irmás Cartoné.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Murphy, Bruce (1987). Benét's Reader's Encyclopedia (en inglés). Harper & Row. ISBN 978-0-06-181088-6.
- ↑ Toyoda, Shirô (1959-02-02). "Gan". Consultado o 2024-02-26.
- ↑ "O ganso salvaxe, de Mori Ogai – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-02-26.