O lobo gris
Aparencia
O lobo gris | |
---|---|
Autor/a | George MacDonald |
Orixe | Escocia |
Xénero(s) | Conto de fadas |
Data de pub. | 1864 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O lobo gris é un conto de fadas do escritor e poeta escocés George MacDonald (1824–1905).
Argumento
[editar | editar a fonte]Un estudante que está de viaxe vese envolto nunha treboada que lle obriga a refuxiarse nunha cova. Despois dun tempo aparece unha muller que lle ofrece un mellor refuxio á noite: a casa da súa nai. Unha vez alí, o alumno nota algúns comportamento e situacións raras que fan máis que aumentar cando vai durmir, pois un lobo sácao dos seus soños, listo para atacar. Defendéndose como pode, consegue escorrentar a besta, pero ó día seguinte, descobre que, en realidade, o lobo e á muller que coñeceu na cova, pois é unha muller-lobo. Só tiña unha maneira de poñerse a salvo, e era fuxir da casa e retornar ó camiño, como así o fixo.